Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

mércores, 31 de maio de 2017

BOOKCROSSING

Mañá, 1 de xuño, é un día de moitas conmemoracións:
- En París, Charles Baudelaire publica Las flores del mal (1857)
- Foi a data de nacemento de Marilyn Monroe (Los Angeles) (1926)
- En Reino Unido, publícase o álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band de The Beatles (1967)
- E ademáis é día de mercado en Celanova
Por todo iso, imos liberar outra vez algúns libros.
Estade atentos os que vaiades pola Praza Maior, atoparedes libros coas etiquetas de bookcrossing.
Xa sabedes, collédeos, lédeos, facei unha entrada no diario do libro e liberádeo en calquera outro lugar, para que realmente viaxe.

Sorte!!!

http://www.bookcrossing-spain.com/home/

martes, 23 de maio de 2017

CINEMAS DE GALICIA

Ete sábado, día 27, volveremos a ter sesión de cine no AMIC.







Pelerinaxes é unha longametraxe baseada no libro de Otero Pedrayo. O autor do libro narra o camiño que realizou  xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, dende Ourense a San Andrés de Teixido, no año 1927. Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As burgas e que percorre distintos pobos das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense.
O director describe a película como unha mezcla de ficción e documental. Na la película confluen tres das grandes paixóns do director. O cine “on the road”, a literatura de viaxes e a literatura galega  mestúranse á perfección. A banda sonora de Pelerinaxes é moi especial, non está grabada en estudio, foi grabada directamente na rodaxe. O director contou con músicos da rúa, entre os que se atopan Daniel Minimalia, Ruxe-Ruxe o MCarballo, entre outros. Desta forma consegíu un punto máis de realismo e crear unha atmosfera perfecta.
O reparto de Pelerinaxes compóñeno Carmen Méndez, Ruth Sabuce, Xoel Yañez, Alfonso Míguez e Isabel Risco.

luns, 15 de maio de 2017

BOOKCROSSING

Este ano a Biblioteca de Celanova tamén vai a participar no Raigame de Vilanova cunha actividade de bookcrossing.

Estade ben atentos todos aqueles que vos paseedes pola vila o día 17 de maio.
Se por un casual, atopades un libro descansando nun banco, nunha fiestra, baixo un canastro ou quen sabe donde e leva algún destes distintivos:




http://www.bookcrossing-spain.com/





http://www.bookcrossing-spain.com/


Collédeo, ledeo e deixano libre noutro lugar.
Tamén podedes facer unha entrada no diario que ten cada exemplar para comentar o que vos parezca sobre o libro ou dar pistas de onde o deixastes libre outra vez.

Boa caza!!

venres, 12 de maio de 2017

CLUB DE LECTURA

Hoxe é venres e temos unha nova cita do Club de Lectura.
A proposta e hoxe é :




El hallazgo de un cadáver en el pantano de Olba pone en marcha la narración. Su protagonista, Esteban, se ha visto obligado a cerrar la carpintería de la que era dueño, dejando en el paro a los que trabajaban para él. Mientras se encarga de cuidar a su padre, enfermo en fase terminal, Esteban indaga en los motivos de una ruina que asume en su doble papel de víctima y de verdugo, y entre cuyos escombros encontramos los valores que han regido una sociedad, un mundo  y un tiempo. La novela nos obliga a mirar hacia ese espacio fangoso que siempre estuvo ahí, aunque durante años nadie parecía estar dispuesto a asumirlo, a la vez lugar de uso y abismo donde se han ocultado delitos y se han lavado conciencias privadas y públicas. Heredero de la mejor tradición del realismo, el estilo de En la orilla se sostiene por un lenguaje directo y un tono obsesivo que atrapa al lector desde la primera línea volviéndolo cómplice.

martes, 9 de maio de 2017

xoves, 4 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Esta é unha pequena publicación cos recursos que ten a biblioteca sobre a figura de Carlos Casares.



CINEMAS DE GALICIA

O vindeiro sábado, dia 6 de maio, teremos unha nova sesión co Cinema de Galicia no AMIC