Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

mércores, 31 de maio de 2017

BOOKCROSSING

Mañá, 1 de xuño, é un día de moitas conmemoracións:
- En París, Charles Baudelaire publica Las flores del mal (1857)
- Foi a data de nacemento de Marilyn Monroe (Los Angeles) (1926)
- En Reino Unido, publícase o álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band de The Beatles (1967)
- E ademáis é día de mercado en Celanova
Por todo iso, imos liberar outra vez algúns libros.
Estade atentos os que vaiades pola Praza Maior, atoparedes libros coas etiquetas de bookcrossing.
Xa sabedes, collédeos, lédeos, facei unha entrada no diario do libro e liberádeo en calquera outro lugar, para que realmente viaxe.

Sorte!!!

http://www.bookcrossing-spain.com/home/

Ningún comentario:

Publicar un comentario