Descrición


Blog para informar das actividades da Biblioteca Municipal e as novas que acontecen na comarca

martes, 23 de maio de 2017

CINEMAS DE GALICIA

Ete sábado, día 27, volveremos a ter sesión de cine no AMIC.







Pelerinaxes é unha longametraxe baseada no libro de Otero Pedrayo. O autor do libro narra o camiño que realizou  xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, dende Ourense a San Andrés de Teixido, no año 1927. Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As burgas e que percorre distintos pobos das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense.
O director describe a película como unha mezcla de ficción e documental. Na la película confluen tres das grandes paixóns do director. O cine “on the road”, a literatura de viaxes e a literatura galega  mestúranse á perfección. A banda sonora de Pelerinaxes é moi especial, non está grabada en estudio, foi grabada directamente na rodaxe. O director contou con músicos da rúa, entre os que se atopan Daniel Minimalia, Ruxe-Ruxe o MCarballo, entre outros. Desta forma consegíu un punto máis de realismo e crear unha atmosfera perfecta.
O reparto de Pelerinaxes compóñeno Carmen Méndez, Ruth Sabuce, Xoel Yañez, Alfonso Míguez e Isabel Risco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario